Coinco

Facendo camiño
dende 2001

Somos unha empresa de transporte adaptado coa cualificación de Centro Especial de Emprego sen ánimo de lucro (de iniciativa social – CEEIS). O noso nacemento como empresa ten lugar no ano 2001, aínda que a nosa orixe data de anos atrás.

“A nosa plantilla está composta por 70 empregados/as, dos/as cales o 100% presenta algún tipo de discapacidade”

A nosa Frota

Na actualidade, en COINCO dispoñemos de 16 microbuses distribuídos en Mos (13) e Monforte (3). A maiores contribuímos á creación de postos de traballo en toda Galiza por medio de acordos con transportistas locais, conducindo vehículos dos socios, en Ferrol (11) e Cerdedo (2), ou actuando exclusivamente como acompañantes en outras 11 rutas máis en Monforte e Ourense.

  • Albert Einstein
    Até que todos os individuos dunha sociedade non se atopen plenamente integrados nela non pode dicirse que sexa unha sociedade civilizada.
    Albert Einstein
  • Ifeanyi Onuoha
    O traballo en equipo é o segredo que fai que a xente común acade resultados pouco comúns.
    Ifeanyi Onuoha
  • Lou Holtz
    A capacidade consiste no que vostede é capaz de facer. A motivación determina o que vostede fai. A actitude determina o ben que o fai.
    Lou Holtz